Álex é un neno con parálise cerebral que
precisa de moitas terapias para poder camiñar.
Desde a ANPA Pichirilo queremos contribuír co
noso gran de area a esta causa recollendo
tapóns de plástico para que os seus papás
poidan pagar os seus tratamentos.
Con esta labor podemos comezar a intaurar nos nosos nenos valores
de solidariedade, humanidade, protección do medio natural e moitos outros máis.
Pero esta non vai ser unha campaña de recollida habitual. A ANPA proponvos un xogo:
1. Habilitarase unha CAIXA na escola para a recollida dos tapóns.
2. Deberedes deixar os tapóns que recollades nunha bolsiña de plástico co nome
d@ nen@
3. O primeiro mércores de cada mes, procederase a facer un reconto do peso das
bolsas aportadas por cada neno.
4. Ao neno que máis tapóns entregase, faráselle entrega dun AGASALLO por parte da
ANPA.
5. Ademais, porase un cartel no taboleiro do cole indicando quen é o TAPONEIRO do
mes!!
6. Os tapóns podedes deixalos o día que queirades
Agardamos a vosa colaboración e participación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario