17 de nov. de 2016

Nova iniciativa: recollida de tapóns solidarios para Álex

Álex é un neno con parálise cerebral que precisa de moitas terapias para poder camiñar. Desde a ANPA Pichirilo queremos contribuír co noso gran de area a esta causa recollendo tapóns de plástico para que os seus papás poidan pagar os seus tratamentos.

Con esta labor podemos comezar a intaurar nos nosos nenos valores de solidariedade, humanidade, protección do medio natural e moitos outros máis.

Pero esta non vai ser unha campaña de recollida habitual. A ANPA proponvos un xogo:

1. Habilitarase unha CAIXA na escola para a recollida dos tapóns.

2. Deberedes deixar os tapóns que recollades nunha bolsiña de plástico co nome d@ nen@

3. O primeiro mércores de cada mes, procederase a facer un reconto do peso das bolsas aportadas por cada neno.

4. Ao neno que máis tapóns entregase, faráselle entrega dun AGASALLO por parte da ANPA.

5. Ademais, porase un cartel no taboleiro do cole indicando quen é o TAPONEIRO do mes!!

6. Os tapóns podedes deixalos o día que queirades

Agardamos a vosa colaboración e participación!




3 de nov. de 2016

Nova directiva da ANPA Pichirilo 2016-2017

Leva esta blog un tempiño parado, non? Non é sinxelo chegar a todo. Informámosvos da renovación da directiva da ANPA Pichirilo, que queda composta polos seguintes pais:

PresidentaAmaliaBarreiro Regueira
VicepresidentaMaría EsperanzaJuncal Dopazo
TesoureiraMaría JoséGuntín Muñoz
SecretarioRubénBastón Meira
Vogal 1RobertoCastiñeira Lavadores
Vogal 2DeliaRodríguez López
Vogal 3VanesaCoya Riobó
Vogal 4AlexandraRial Piñeiro
Vogal 5Noemi Iglesias Piñeiro
Vogal 6ManuelCereijo Pazos
Vogal 7CeciliaPouseu Currás
Vogal 8YolandaVilavedra
Vogal 9MariñaLoira Ave
Vogal 10MarkTaeger
Unha boa tropa! Esperamos poder facer cousas bonitas este curso 2016-2017 na Galiña Azul de Bueu :).