Blog da Asociación de Nais e Pais "Pichirilo", da escola infantil A Galiña Azul de Bueu
19 de xuño de 2017
Pintado do chan exterior da Galiña Azul de Bueu
Arrancou como un proxecto de pintado dunha zona moi concreta do exterior: a zona circular. A idea era pintar una rotonda. Os simples mortais pensabamos que sería debuxar unha beirarrúa, pintar algo no medio e poñer unhas liñas separadoras... Pero tiñamos a fortuna de contar entre os membros da ANPA con Marc Taeger e a idea que nos entregou foi tan fermosa... que non puidemos facer outra cousa que mover o que fixese falta para convertelo en realidade.
Este é un post de "así se fixo" por se calquera ANPA se plantexa facer algo semellante... que vexa que dá lío, pero que con vontade, faise ben.
O así se fixo está che de agradecementos:
Á escola (ao profesorado todo!), por implicarse, por animarnos e por, chegado o momento de ter que axudar con algo de cartos cando a pintura se ía de prezo... poñer a metade.
Ao Concello de Bueu, por responder na medida das súas posibilidades e axudarnos cunhas contundentes latas de pintura, das que demos moi bo uso e que facilitaron que o proxecto aínda medrase no directo, dando ás á nosa creatividade.
A Marc, por suposto, por poñer nas nosas mans esa chispa de creatividade tan brillante e corida. A Galiña Azul de Bueu débeche muito, Marc, empezando polo propio Pichirilo do logo. Van ter que facer unha campaña para que teñas unha terceira nena ;) ;)
Aos membros da ANPA e aos pais e nais que se sacrificaron a achegarse á escola un venres á tarde e un sábado ña mañán, en plena vaga de calor, porque "tiña que ser xa" que as axendas de tanta xente son liosas de cadrar e tamén queriamos que os nosos nenos puidesen cando emnos gozar uns días do traballo feito.
Que fixemos:
Pintar practicamente todo o chan exterior da escola. Sobre a base verde preexistente (pintar tamén a base íase absolutamente de prezo). Na zona da "rotonda": un regato, cun illote e peixes (a escola está á beira dun río). Uns círculos concéntricos de cores. Un camiño desde aí, cruzando o río e chegando ata á zona das escaleiras da outra entrada á escola.
Unha gran estrela amarela.
Un cadrado, á baixada das escaleiras de entrada, cunha marquetilla para saltar.
Na zona máis próxima á porta: un circuíto para xogar coas bicis, motos e coches de xoguete. Un paso de peóns para acceder ao parque infantil.
Uns rectángulos de cores para ir saltando ata a porta.
Dun dos círculos, saen unhas pegadas de gatiño ata a porta da cociña. Por un camiño lateral, hai pegadas de galiñas ata o galiñeiro. E na parte de atrás, onde se conecta a Galiña Azul coa escola de maiores" máis camiño de círculos de cores.
Pasamos calor, pero tamén o pasamos ben. Xuntos podense facer cousas ben fermosas!
Tes fotos do proceso no noso Facebook
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)