19 de xuño de 2017

Pintado do chan exterior da Galiña Azul de Bueu


Arrancou como un proxecto de pintado dunha zona moi concreta do exterior: a zona circular. A idea era pintar una rotonda. Os simples mortais pensabamos que sería debuxar unha beirarrúa, pintar algo no medio e poñer unhas liñas separadoras... Pero tiñamos a fortuna de contar entre os membros da ANPA con Marc Taeger e a idea que nos entregou foi tan fermosa... que non puidemos facer outra cousa que mover o que fixese falta para convertelo en realidade.

Este é un post de "así se fixo" por se calquera ANPA se plantexa facer algo semellante... que vexa que dá lío, pero que con vontade, faise ben.

O así se fixo está che de agradecementos:
Á escola (ao profesorado todo!), por implicarse, por animarnos e por, chegado o momento de ter que axudar con algo de cartos cando a pintura se ía de prezo... poñer a metade.

Ao Concello de Bueu, por responder na medida das súas posibilidades e axudarnos cunhas contundentes latas de pintura, das que demos moi bo uso e que facilitaron que o proxecto aínda medrase no directo, dando ás á nosa creatividade.

A Marc, por suposto, por poñer nas nosas mans esa chispa de creatividade tan brillante e corida. A Galiña Azul de Bueu débeche muito, Marc, empezando polo propio Pichirilo do logo. Van ter que facer unha campaña para que teñas unha terceira nena ;) ;)

Aos membros da ANPA e aos pais e nais que se sacrificaron a achegarse á escola un venres á tarde e un sábado ña mañán, en plena vaga de calor, porque "tiña que ser xa" que as axendas de tanta xente son liosas de cadrar e tamén queriamos que os nosos nenos puidesen cando emnos gozar uns días do traballo feito.

Que fixemos:
Pintar practicamente todo o chan exterior da escola. Sobre a base verde preexistente (pintar tamén a base íase absolutamente de prezo). Na zona da "rotonda": un regato, cun illote e peixes (a escola está á beira dun río). Uns círculos concéntricos de cores. Un camiño desde aí, cruzando o río e chegando ata á zona das escaleiras da outra entrada á escola.
Unha gran estrela amarela.
Un cadrado, á baixada das escaleiras de entrada, cunha marquetilla para saltar.
 Na zona máis próxima á porta: un circuíto para xogar coas bicis, motos e coches de xoguete. Un paso de peóns para acceder ao parque infantil.
Uns rectángulos de cores para ir saltando ata a porta.
Dun dos círculos, saen unhas pegadas de gatiño ata a porta da cociña. Por un camiño lateral, hai pegadas de galiñas ata o galiñeiro. E na parte de atrás, onde se conecta a Galiña Azul coa escola de maiores" máis camiño de círculos de cores.

Pasamos calor, pero tamén o pasamos ben. Xuntos podense facer cousas ben fermosas!

Tes fotos do proceso no noso Facebook

13 de feb. de 2017

Carnés de socios 2016-2017... con descontos!


No noso anceio de poñer en valor a colaboración coa ANPA Pichirilo, este curso lanzamos e entregamos uns carnés de socio que non só identifican os membros da familia pichirila, senón que dan dereito, grazas á colaboración de moitos negocios de Bueu, a descontos en moitas tendas habituais para os que temos nenos e nenas na casa.

Aí vai a listaxe de descontos aos que tes dereito se levas na carteira o carné da ANPA Pichirilo. Irémola actualizando neste mesmo post, en caso de que medre.

XOGUETERÍAS

· CROKOTOYS: 10% fora catálogo e promocións

· EL PARQUE: 10% fora catálogo e promocións

ÓPTICAS

· ÓPTICA BUEU – EUGENIO BLANCO: 10% en gafas de sol e graduadas; servizos de optometría, optometría pediátrica, terapia visual e adaptación de lentes de contacto de ortoqueratoloxía nocturna. Beneficiarios: nenos e pais.

· BELAVISTA:
20% de descuento en gafas y lentes graduados. 5% en packs de LC o gafas de sol de temporada.

CELEBRACIÓNS

· BULE BULE: 10% en cumpreanos

· OS MUNDOS DE GAIA: 10% en cumpreanos

DENTISTA

· INSADENT: 10% en todo

COPISTERÍAS

· COPIMEU: 15% en material escolar (excepto copias e libros)

· MARPAU: 10% en compras a partir de 10 euros (excepto copias, cheque libros e mes de setembro)

DEPORTES/XIMNASIO

· MELSON SPORT: 10% excepto rebaixas e promocións

· MYFITSPORT: 30% en matrícula

CALZADO

· TARABELA: 5% excepto rebaixas

INFORMÁTICA

· NOUTRORA: 5% en todo excepto promocións

PERRUQUERÍAS

· JUAN VILLAR: 1 euro desconto en corte

· PELUQUERÍA MATÍZ: 20% en color de martes a venres

ROUPA E COMPLEMENTOS

· MAXIBEBÉ:10% en roupa, xoguetes e pequena puericultura; 5% en puericultura grande (sillas de auto, paseo, cunas…)Excepto Mr. Wonderful e encargo.