7 de dec. de 2016

Festa do Nadal 2016... co Apalpador!


Como cada curso, haberá Festa do Nadal da Galiña Azul de Bueu. Celebrarémola o xoves 22 de decembro, no ximnasio do IES Johán Carballeira, a partir das 17.00h.

Buscamos pasar un bo rato con toda a comunidade educativa da escola: os profes, os nenos e os pais. Tomarmos algo xuntos, nunha merenda colaborativa, acompañalo de música e xa que estamos... ter algunha que outra cousiña especial.

Con tal fin, virán un ano máis cantarnos os seus cantos de Nadal as pandeireteiras As Rabudiñas, de Retrouso. Os prfes contarán algúns contos, teremos un tocador preparado para pintar aos nenos e como gran sorpresa e novidade... hanos visitar o Apalpador!

Graciñas a Luís Davila por pasarnos o seu estupendo deseño!

1 de dec. de 2016

Un Pichirilo de verdade para A Galiña Azul de Bueu



Para poñer en valor a canción que dá nome á ANPA Pichirilo, e reforzar nos nenos o coñecemento do cabalo Pichirilo e tamén a fermosa versión que del fixo Mark Taeger, lanzámonos, coa inestimable colaboración de María José Guntín, Roberto Castiñeira e o propio Mark Taeger, a facer unha versión física do noso logo.

Está xa instalada na entrada da escola. Dá ghusto velo!