3 de maio de 2014

OBRADOIRO DE MASAXE PARA NENOS/AS

Como dar unha boa masaxe e qué pasos debemos seguir para desconxestionar os nosos fill@s son os temas que tratamos no obradoiro impartido por Fanny o pasado 30 de abril na escola.

Ambiente quentiño, pouca luz, música relaxante e un pouquiño de aceite corporal é todo o que precisamos.

Comezamos...


VIAXE AO PAÍS DOS CONTOS

Na escola tamén festexamos o Día do Libro o pasado 23 de abril.

Rocío presentounos  varias historias a través de contos e monicreques.