24 de abr. de 2014

XOGAMOS XUNTOS


O pasado 9 de abril, nen@s e maiores pasamos unha tarde de xogos xuntos dirixidos por Rocío.

Organizamos  unha carrerira de bolboretas despois de crealas, saímos a cazar osos, chamamos polo lobo do bosque, xogamos cos aros,  axitamos o paracaídas e bailamos coa música de cancións coñecidas para tod@s nós.







6 de abr. de 2014

NA PEL DUN NENO DE INFANTIL

O 2  de abril disfrutamos dunha tarde de xogo organizada por Rocío.
 
A través do xogo libre, a manipulación de plastilina e enxaixes e os desprazamentos polo circuito de psicomotricidade experimentamos, xunto cos nosos fill@s, diferentes movementos e sansacións.
 
 
 
 

Actividades Abril e Maio

Anpa Pichirilo invítavos a participar nas actividades das tardes dos mércores ás 17:30h. na escola.

Mércores 2 de abril: NA PEL DUN NENO DE INFANTIL
Taller de psicomotricidade para interactuar pais/nais con nenos.

Mércores 9 de abril: VIAXE AO PAÍS DOS CONTOS
Sesión de contacontos para xerar interese pola lectura e incorporala a vida diaria.

Mércores 13 de abril: GOZO CON PAPÁ E MAMÁ
Disfrutaremos cos nosos fillos dun tempo para cantar e xogar.

Mércores 30 de abril: OBRADOIRO DE MASAXE PARA NENOS.
Aprenderemos a relaxar e desconxestionar aos máis pequenos.


Para os papás, avós e profes da escola:


Os días 26 de abril e 3 e 10 de maio celebrarase na escola en horario de 09:30h. a 12:45h. un curso de 10 horas de duración "Educar en Familia".
Será impartido por unha pedagoga especialista en Coaching Familiar que nos axudará a xestionar diversas dinámicas familiares: resolución de conflictos, rabietas, comunicación, comportamento nas distintas etapas, desenvolvemento da responsabilidade (límites, normas e consecuencias)...

As persoas interesadas poden inscribirse na dirección da escola. Teñen prioridade as familias socias da Anpa e outorganrase as prazas por orde de reserva.

Esperámosvos.