Anpa Pichirilo invítavos a participar nas actividades das tardes dos mércores ás 17:30h. na escola.
Mércores 2 de abril: NA PEL DUN NENO DE INFANTIL
Taller de psicomotricidade para interactuar pais/nais con nenos.
Mércores 9 de abril: VIAXE AO PAÍS DOS CONTOS
Sesión de contacontos para xerar interese pola lectura e incorporala a vida diaria.
Mércores 13 de abril: GOZO CON PAPÁ E MAMÁ
Disfrutaremos cos nosos fillos dun tempo para cantar e xogar.
Mércores 30 de abril: OBRADOIRO DE MASAXE PARA NENOS.
Aprenderemos a relaxar e desconxestionar aos máis pequenos.
Para os papás, avós e profes da escola:
Os días 26 de abril e 3 e 10 de maio celebrarase na escola en horario de 09:30h. a 12:45h. un curso de 10 horas de duración "Educar en Familia".
Será impartido por unha pedagoga especialista en Coaching Familiar que nos axudará a xestionar diversas dinámicas familiares: resolución de conflictos, rabietas, comunicación, comportamento nas distintas etapas, desenvolvemento da responsabilidade (límites, normas e consecuencias)...
As persoas interesadas poden inscribirse na dirección da escola. Teñen prioridade as familias socias da Anpa e outorganrase as prazas por orde de reserva.
Esperámosvos.