19 de dec. de 2013

FESTA DE NADAL

          O Equipo Educativo da escola e a Anpa queremos convidarvos á  FESTA DE NADAL que celebraremos conxuntamente este VENRES 20 DE DECEMBRO na sala 25 do PAVILLÓN DE DEPORTES a partir das 17h.

Disfrutaremos de música en directo, representación teatral e unha merenda.

Para o fin de festa podedes traer un instrumento.

Todos os que queirades colaborar podedes entregar na escola comida ou bebida para a festa o mesmo venres pola mañá.

                                                               Esperámosvos!!!

18 de dec. de 2013

Xornada de formación: primeiros auxilios


            Cris explicounos de forma sinxela os síntomas e como actuar ante as urxencias máis comúns que lle poden acontecer aos nosos fillos/as.

Sensacións foto a foto




               Despois de disfrutar experimentando coas mans e cos pés  presentámosvos as fotografías como recordo dunha actividade divertida e chea de sensacións.

Sesión de contos e cantos en fotografías


Olalla, Marc e Aroa, de CASA K, abríronnos as portas dos contos e cantos dunha forma atractiva e divertida.

Velaquí algunhas das fotos...

10 de dec. de 2013

AVISO IMPORTANTE

AS FOTOS DAS ACTIVIDADES PUBLICÁMOLAS NO BLOG DA ANPA.

SE ALGÚN PAI/NAI NON QUERE QUE SE MOSTRE A FOTO DO SEU FILLO/A QUE LLO COMENTE A PERSOA QUE IMPARTE O TALLER OU EN anpapichirilo@gmail.com.

Gracias

ACTIVIDADES de DECEMBRO

ACTIVIDADES DE DECEMBRO
Todos os mércores as 17h. na escola

Mércores 4: PSICOMOTRICIDADE
Traballaremos a motricidade fina e grosa do neno/a en colaboración cos pais

Mércores 11: TARTA INFANTIL
Faremos unha sinxela e divertida tarta para chupalos dedos.

Mércores 18: OBRADOIRO DE NADAL
Prepararemos algunhas manualidades de Nadal para decorala casa.

VENRES 20: FESTA DE NADAL DA ESCOLA
Festa organizada pola escola e a Anpa. Informarémosvos máis adiante.