25 de abr. de 2013

Cantos e xogos


O papá e a mamá de Eloy, nos deleitaron con xogos e canción, aquí tendes os textos. E agora a CANTAR e a XOGAR!!!


CANTARES TRADICIONAIS E XOGOS

  • NUN CAFÉ RIFARON UN GATO: Nun círculo póñense todos os nenos, o que lle vai tocando vai ao medio e repite o cantar:

Nun café rifaron un gato
Un, dous, tres, catro
Un, dous, tres,
O número catro ti es.

  • PAN QUEIXO AUGA E VIÑO: Xogo de corda. Cada vez que se di "touciño" teñen que saltar, cada vez máis rápido.

Pan, queixo, auga e viño
Touciño
Touciño
Touciño.

  • RABO DE BOI, RABO DE BESTA: Unha persoa garda un obxecto pequeno nunha das mans e ofrécelle ao neno as dúas mans pechadas boca abaixo. O neno debe ir sinalándoas alternativamente segundo canta a canción. Cando remate abre a man sinalada e leva o premio (ou non).
Rabo de boi, rabo de besta
Dixo meu pai
Que estaba nesta.

  • SEI AMASAR, SEI PENEIRAR: Dúas persoas, a ser posible de estatura semellante, póñense a una fronte a outra, e collidas polas mans abanean os brazos. No último verso dan a volta aos seus corpos sen soltar as mans.
Sei amasar
Sei peneirar
Sei dar a volta
Por riba do mar.

  • SAN XOÁN TIRABA LA: Todos sentados formando un círculo, pásase un obxecto coa man dereita e cóllese o que se recibe do compañeiro do lado coa esquerda. Cando o cantar chega a "triqui triqui tra" cámbiase a orientación. Cada vez hai que facelo máis rápido.
San Xoán tiraba la
San Xoán tiraba la
San Pedro me leve o demo
San Pedro me leve o demo
E triqui triqui tra
E triqui triqui tra.


Moitas grazas a Diego e a Carmen por facernos recordar, cantar e xogar.

23 de abr. de 2013

Saída á piscina


Después de esperar varios presupuestos, el que nos ofrece la PISCINA MUNICIPAL DE MARÍN  (A Raña s/n, San pedro, Marín) es el más aceptable.
Alquilaríamos una o dos calles, dependiendo de la cantidad de personas que vayamos, asumiendo el ANPA el precio de dicho alquiler.
Los niños de la guardería no pagarían nada.
Cada adulto pagaría 3,47 €
Cada niño (hermano, primo…etc.) que no está en la guardería pagaría 2,47 €
Los no pertenecientes al ANPA pagarían 4,50 € cada adulto y cada niño.

ATENCIÓN:
La ACTIVIDAD sólo puede desarrollarse sábados por la tarde, o domingos por la mañana, por ello necesitamos que los que estéis interesados en realizar dicha actividad os volváis a apuntar, cubriendo todos los datos que se os indican:
Nombre y apellido de cada uno de los adultos que quieran ir.
Nombre y apellido de cada niño/a indicando si es menor o mayor de tres años.
Comunicar que opción se prefiere:sábado tarde o domingo mañana.

Podeis apuntaros directamente en la Escuela en el panel de la ANPA o por email: anpapichirilo@gmail.com
 

EL PLAZO PARA APUNTARSE ES HASTA ESTE VIERNES 26 DE ABRIL