26 de xuño de 2012

POLICÍAS

Uns días por moito e outros por pouco, este día 26 fixo moitísima calor así que non puidemos disfrutar canto nos gustaría da visita dos polocías á escola. Moitas grazas de todos os xeitos por achegarvos ó cole!!!

12 de xuño de 2012

PARQUE dos SENTIDOS

O día da excursión á Granxa de Briz estivo chovendo. Así que Fran e Viky, os pais de Pablo, ofrecéronnos pasar a tarde na Sala GARABATOS, que coma sempre foi todo un éxito. Todo un detalle pola vosa parte, moitas grazas!!!

5 de xuño de 2012

BOMBEIROS

Recibimos a visitas dos BOMBEIROS do MORRAZO, explicaronnos o seu traballo e como funciona o seu camión vermello, fantástica visita!!!.  Moitas grazas aos bombeiros e ao CEIP a Pedra por deixarnos as súas instalacións.


(se tendes algún problema coas fotos mostradas, rogamos poñádevos en contacto connosco)

1 de xuño de 2012

ENCONTROS EN FAMILIA - Xuño

PICHIRILO invítavos ás actividades que se levarán a cabo na Escola todos os martes ás 5 da
tarde. A entrada será de balde e estades tod@s invitad@s.

5 de xuño
OS BOMBEIROS amosarannos o seu camión vermello..

19 de xuño
OS ENFERMEIROS nos ensinarán como é unha ambulancia.

26 de xuño
OS POLICÍAS mostraránnos como hai que cruzar no paso de zebra.

E ADEMÁIS, NESTE MES REALIZAREMOS DÚAS VISITAS MOI ESPECIAIS:

12 de xuño
visitaremos o PARQUE DOS SENTIDOS situado na Granxa de Briz en Marín, poderemos xogar coa auga, cos sons, delizarnos polo tobogán xigante... 
Quedaremos na Granza de Briz ás 5 da tarde

1 de xullo
Coma fin de curso iremos á ILLA DE ONS, a desfrutar do Parque Nacional!!! Rogamos confirmedes a vosa asistencia apuntándoos na folla que temos no espazo reservado para o ANPA na escola. Deberíamos ter a confirmación e os cartos coma moi tarde o 20 de xuño.

O prezo para os socios será de 10€ por adultos,
os non socios deberán pagar 14€, @s nen@s ata 5 anos non pagan.


Agardamos que teñades un bo verán e ata o curso que ven!!!


Estas actividades están organizadas e coordinadas pola ANPA Pichirilo.
Os nen@s que queiran asistir ás actividades deberán estar acompañados.
Se tendes algunha proposta ou pregunta, podedes enviala a anpapichirilo@gmail.com
Visítanos en: anpapichirilo.blogspot.com.esanpapichirilo.blogspot.com.es

29 de maio de 2012

POMPAS MÁXICAS


A nai e o pai de Uma ensináronnos a facer pompas de xabón, grandes e pequenas... ao principio foi un pouco difícil pero todos o conseguimos, sobre todo Marcos que foi un fenómeno. Moitas grzas por esta tarde tan divertida!!!




(se tendes algún problema coas fotos mostradas, rogamos poñádevos en contacto connosco)


22 de maio de 2012

A COCIÑAR!!!

O noso cociñeiro Mon, mostrounos os aromas, as cores e os sabores da súa cociña, onde aprendimos tanto os pequenos coma os grandes.
Moitas grazas MON!!!



(se tendes algún problema coas fotos mostradas, rogamos poñádevos en contacto connosco)

16 de maio de 2012

FESTIVAL de TÍTERES en Redondela

Recomendamos visitar neste fin de semana o FESTIVAL de TÍTERES de REDONDELA. ANIMÁDEVOS, aínda que chova!!!



15 de maio de 2012

A PINTAR!!!

 Tivemos un día xenial para poder pintar e pintar sen parar. Puidemos pintar con tizas, con témpreras, con rodillos e ata con auga. E todo iso da man dun gran ilustrador Mark Taeger, o pai de Aroa. Moitas grazas MARK por pintar conosco!!!



(se tendes algún problema coas fotos mostradas, rogamos poñádevos en contacto connosco)

8 de maio de 2012

Máis MÚSICA MAESTRO!!!

Este martes estivo con nós, Manolo, o avó de Alexandra e un gran músico, que nos deleitó coa súa armónica. Pero tamén chegou acompañado de outro fantástico músico, Antón. Xuntos amenizaron a chuviosa tarde do martes con música e festa ... pasámolo xenial. MOITAS GRAZAS FAMILIA DE ALEXANDRA por achegarnos á música!!!




(se tendes algún problema coas fotos mostradas, rogamos poñádevos en contacto connosco)

23 de abr. de 2012

Había unha vez...

Disfrutamos o Día do Libro con Olalla, a mamá de Aroa, que contou contos e trouxo un montón de libros: libros grandes e pequenos, libros con movemento e con sons, libros de tea e de madeira que disfrutamos con papás, mamás, avós, avoas, irmáns... Grazas Olalla polas túas historias!!!




(se tendes algún problema coas fotos mostradas, rogamos poñádevos en contacto connosco)

21 de abr. de 2012

GARABATOS

Estivemos no PARQUE INFANTIL GARABATOS.
Xogamos, saltamos, compartimos... e pasámolo xenial.
 Moitas grazas Fran eViky  por deixarnos desfrutar a todos coma nenos!!!


(se tendes algún problema coas fotos mostradas, rogamos poñádevos en contacto connosco)



20 de abr. de 2012

ENCONTROS en FAMILIA - Maio

Estas son as actividades programadas para os meses de abril e maio. A DISFRUTAR!!!


As seguintes actividades  levaranse a cabo na Escola todos os martes ás 5 da tarde. A entrada será de balde e estades tod@s invitad@s.

24 de abril. CANTOS E CONTOS.
Olalla, a mamá de Aroa, achegaranos ao mundo dos contos para festexar o día do libro.

8 de maio. UNHA TARDE MUSICAL.
Bailaremos ao son da armónica de Manolo, o avó de Alexandra, tod@s os que teñan algún instrumento na casa poden traelo para unirse á festa.

15 de maio. PINTAR SEN PARAR.
Con Marc, o papá de Aroa pintaremos e disfrutaremos coas cores, vinde vestidos para a ocasión.

22 de maio. A COCIÑAR!
Mon daranos unhas clases de cociña moi interesantes e divertidas.

29 de maio. POMPAS MÁXICAS.
Rebeca, a mamá de Uma, utilizará uns ingredientes máxicos: auga, aire e xabón.

..............

O sábado 21 de abril de 11 a 13h. PARQUE INFANTIL GARABATOS
Fran e Viky, os pais de Pablo, invítannos a pasar unha mañá divertida no Parque infantil Garabatos dónde papás e nenos pasarémolo xenial. Os socios e irmáns terán entrada gratuita, e os non soci@s pagarán 5 € deentrada.
Lembrádevos de levar calcetíns, pais e nen@s!!!



Estas actividades están organizadas e coordinadas pola ANPA Pichirilo.
Os nen@s que queiran asistir ás actividades deberán estar acompañados.
Se tendes algunha proposta ou pregunta, podedes enviala a anpapichirilo@gmail.com

2 de abr. de 2012

ANPA PICHIRILO

Xa temos BLOG da Anpa na Escola Infantil de Bueu, o nome da nosa asociación nace da canción do cabalo Pichirilo, que xa é un clásico na Escola:

Eu teño un cabalo!
que se chama Pichirilo.


Pichirilo, ilo, ilo...
Pichirilo, ilo, a.


E nas subidas,
pichirilo se fatiga,
se fatiga, se fatiga
xa non pode subir máis.


E... nas baixadas
Pichirilo é unha bala,
unha bala, unha bala,
que xa non pode parar.


Comezade a cantala e xa veredes como @s peques da casa, xa saben a canción enteira e cuns movementos moi simpáticos. PROBADE!!!

(... e se non sabedes a música, podedes axudarvos neste link: http://www.youtube.com/watch?v=tGLnFRxAymo )

e o logotipo está feito por Mark, o pai de Aroa, agardamos que vos guste:


... moitas grazas Mark!!!